Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O tribunal superior de Xustiza de Galicia anula a autorización a Aucosa

RR_Noticias

A sentencia da a razón á Plataforma en defensa da enseada de San Simón e anula a autorización ambiental outrorgada pola Xunta á factoría asentada en Rande. A resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia establece que conforme “ao informe urbanístico negativo emitido polo Concello de Redondela a Xunta non tiña outra opción que dictar resolución poñendo fin ao procedemento e denegando a autorización interesada”.

Unha autorización ambiental integrada que pese a todo lle foi concedida a Aucosa no ano 2009 pola Consellería de Medio Ambiente nun proceso que segundo denunciaron dende a Plataforma “estivera cheo de irregularidades”, motivo polo que decidiron presentar a demanda xudicial ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que agora lle ven de dar a razón.
Nesa demanda, fallada agora favorablemente, recollen os problemas ambientais que Aucosa xera aos veciños dos núcleos de Chapela, Trasmañó, Rande e Cedeira afectando gravemente a vida cotiá e a saúde, o feito de que a fábrica se atope instalada en zona urbanística afectada polo espacio protexido da “Enseada de San Simón” e que existan informes negativos tanto do propio concello, nos que se sinalaba a incompatibilidade da actividade de AUCOSA co Planeamento urbanístico como da Universidade de Santiago, que emitira un informe poñendo de manifesto as deficiencias do proxecto presentado pola empresa para reducir os efectos da contaminación, gases, fumes, cheiros e vertidos.
Sobre estes feitos, a demanda solicita tamén que se inicie o proceso de traslado de Aucosa a un lugar axeitado nun polígono industrial tendo en conta que Aucosa incumpre as normas do planeamento urbanístico de Redondela, incumpre o establecido na Lei e regulamento da Lei de Costas e que a Autorización non conta cos informes da Consellería de Pesca e Dirección Xeral de Costas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará