Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trespés prepara un documental sobre o monte en mancomún baixo a dirección de Diana Toucedo

RR_Noticias

O documental, que levará por título “En todas as mans”, pretende amosar o mundo das comunidades de montes cando se cumpren trinta anos dende que os veciños recuperaran a titularidade destes territorios.

“En todas as mans” pretende ser un percorrido pola historia do monte en mancomún, un xeito particular de xestión e de titularidade que só existe no territorio galego e no norte de Portugal e que establece entre outras cousas que o monte non se pode vender nin parcelar. A través deste documental, a cooperativa Trespés pretende facer un percorrido polo que foron os últimos trinta anos destas entidades pero tamén coñecer a súa situación actual  a partir das xentes das propias comunidades e outras voces autorizadas. Ademais de reflexionar sobre o que significa este réxime de titularidade singular, o documental pretende sinalar “as súas potencialidades como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo” e “como un elemento que fai parte do patrimonio cultural”. Pero o proxecto ha de servir tamén, segundo explicaba Alberte Román como recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades, motivo polo que eles van ser os principias protagonistas. No proxecto, que está actualmente en fase de prepodución, contarase tamén coa participación de persoas do ámbito académico. O Cooperativa optou por un sistema de financiamento “diversificado e novidoso”, o financiamento colaborativo, consistente en promover que persoas a nivel particular ou asociacións colaboren para que se poida subvencionar o proxecto Actualmente Galicia conta con aproximadamente 3000 comunidades de montes en mancomún, que xestionan preto de 700.000 ha de territorio galego, o que representa 29,85 % da superficie forestal. A titularidade comunitaria implica na xestión do territorio unha parte considerable da poboación, na volta de 150.000 comuneiros.  

Alberte Román cooperativa Trespés
Un achegamento á figura dos montes en man común
A voz das propias mancomunidades
Recolleranse as declaracións dos propios implicados
Financiamento colaborativo
O obxectivo é financiar o documental con achegas de particulares e asociacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará