Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Juan Casales confía en que o Chapela manteña a categoría logo da melloría no xogo do equipo

RR_Noticias

Fíxose cargo do club ao final da primeira volta, e aínda que a situación na táboa non experimentou cambios, o xogo do equipo si. O novo técnico confía en que co cambio de actitude dos xogadores e as melloras defensivas, o equipo remonte posicións para saír da zona baixa da táboa. A cita do domingo será co Sp. Marín, outro dos equipos en postos de descenso.

A Primeira Autonómica é unha categoría moi esixente, e ó Chapela Club de Fútbol está a pasar apuros para salvarse. O obxectivo da permanencia semella complicado, actualmente ocupan a 15º posición na táboa. A situación levou ó club a facer un cambio de adestrador, desde o final da primeira volta Juan Casales substitúe no banco a Moisés Calvar. Polo de agora a situación do equipo, en canto ós resultados, non mellorou demasiado, pero o seu xogo e a súa actitude si. Casales, que foi defensa central en equipos como o Celta B, Racing de Ferrol, Zamora ou Pontevedra, conseguiu que o equipo non encaixe tantos goles. Un mellor posicionamento defensivo está a servirlle ó Chapela para mellorar o xogo e cambiar de actitude. De feito, na pasada xornada aguantaron o marcador a ceros no campo do Caselas ata o minuto 80, aínda que logo un “despiste” e a falta de experiencia dos xogadores leváronos a encaixar o gol do derrota. O técnico é optimista e confían en acadar mellores resultados nesta segunda volta que lles permitan “saír do pozo”. A próxima cita ligueira é en Chapela, onde reciben ó Sp. Marín, outro dos equipos que está moi necesitado de puntos, dous postos por baixo dos redondeláns. Con todo, Casales non se fía, e malia que o rival semella en principio accesible, quere “a máxima concentración do equipo” para asegurar tres puntos vitais. A situación podería mellorar moito se o Chapela encadea dúas vitorias consecutivas, xa que despois xogarán co R. Vilariño, o pechacancelas do grupo.  

Juan Casales adestrador
O técnico confía en que o equipo siga mellorando para salvar a categoría.
Chapela-Sp. Marín
Casales non se fía do rival e pide máxima concentración ó equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará