Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia a falta de resultados dunha auditoría sobre as antenas móbiles que custa 9.000 euros

RR_Noticias

AER denuncia que a empresa Eventyam Ingenieros S.L. contratada polo concello por  9.000 euros para a realización de informes sobre a legalidade das antenas de telefonía móbil, non emitiu ningún informe sobre este asunto dende a súa contratación o pasado 31 de outubro. O goberno local convocou unha reunión no concello para abordar a situación das antenas mañá xoves.

A Agrupación de Electores explica que a empresa debería ter realizado unha serie de informes no prazo de 10 días referidos á legalidade e funcionamento das antenas de móbiles instaladas no noso municipio, Sen embargo dende a súa contratación a empresa non tería emitido ningún destes informes porque “a persoa que ten a función de realizalos leva 4 meses de baixa”.
AER entende que para unha empresa privada o feito de que o traballador se atope de baixa non é escusa para non cumprir coas obrigas asumidas cando optaron e gañaron a adxudicación do servizo.
Os informes en cuestión encargados a Eventyam Ingenieros deberían analizar os efectos das antenas naqueles lugares nos que están instaladas “a través de medicións radioeléctricas antes e despois da implantación ou cando algunhas demandas social así o precise” e tamén deberían asesorar sobre a “legalización de estacións de telefonía móbil e outros sistemas de telecomunicacións”.
Logo de solicitar información sobre a falta de resultados desta auditoría ao goberno local, mañá día 16 manterán unha xuntanza no concello onde se abordará a situación das antenas de telefonía móbil.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará