Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A renovada figura do Capitán Nemo loce na entrada da Illa de San Simón

RR_Noticias

A icónica estatua situada na punta da praia de Cesantes, volta ao o seu lugar tras o proceso de restauración do pedestal no que se atopa, cuxo estado de deterioración obrigou a retirar a figura no pasado mes de novembro por perigar a súa integridade

A peza central do conxunto escultórico realizado por Ramón Lastra e Sergio Portela xa está colocada de novo, entre a praia de Cesantes e a Illa de San Simón, nun novo pedestal.
A finais de 2011, a Fundación Illa de San Simón, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, detectou que a antiga base que sostiña a estatua do Capitán Nemo sufría un grave deterioro. Tras as oportunas avaliacións, a Fundación entendeu que a estabilidade da estatua corría risco, e que a chegada dos primeiros temporais podería supor o colapso da estrutura e mesmo a perda da estatua.
Por esa razón, no mes de novembro, a estatua do Capitán Nemo foi retirada e se procedeu á inmediata restauración do pedestal. Tras unha completa restauración e recolocación a figura volverá a presidir a enseada de San Simón, situada sobre unha estrutura maciza que permitirá a súa maior duración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará