Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco ofrece a súa mellor imaxe cunha remontada de tres goles en trece minutos

RR_Noticias

Logo de que o Barco se puxera por diante no marcador, Ropero só tardou un minuto en igualar o resultado. Yeray e Caloi foron os encargados de remontar o partido con dous goles en tan só 12 minutos. Santa Mariña volveu ver a mellor versión do Choco, que encadea tres vitorias consecutivas. O Chapela ofreceu tamén a súa mellora cara cunha goleada diante do Sp. Marín.

Preferente Autonómica
Choco 3-1 Barco
O Choco consolida xornada tras xornada o seu papel de líder. Comezou perdendo, cun gol de Quini no minuto 34, pero a reacción dos redondeláns foi inmediata. Un minuto bastoulle ó equipo de Jacobo Montes para igualar o marcador cun gol de Ropero. Minutos antes de rematar a primeira parte foi Yeray o que bateu ó porteiro visitante, chegando ó descanso co 2-1. E nada máis comezar o segundo tempo o Choco sentenciou o partido cun tanto de Caloi. Quedaba case toda a segunda parte, na que só se viu o xogo do Choco, que tivo máis ocasións para ampliar a vantaxe, e non deu ningunha opción ó Barco, que se foi de baleiro. Os redondeláns defenderán o liderado a próxima fin de semana no campo do A.Traviesas, afundido na parte baixa da táboa.
Primeira Autonómica
Chapela 4-0 Sp Marín
Os de Juan Casales demostraron sobre o terreo de xogo a melloría que experimentou o equipo nestas últimas semanas. Cunha mellor posición defensiva e aproveitando moi ben todas as oportunidades, o equipo de Chapela conseguiu golear ó Sp. Marín, un dos seus rivais directos pola permanencia. Máis complicado o terán na próxima xornada, xa que visitan o campo do Mote da Vila para enfrontarse co Grove, o líder do grupo.
Segunda Autonómica
Non houbo competición nesta fin de semana de Entroido no grupo do Arcade. Na próxima xornada reciben ó Unión Dena
Terceira Autonómica
Alcabre 0-1 Choco B
O filial do Choco mantén a 6ª praza do grupo logo de vencer pola mínima ó Alcabre. A próxima xornada reciben en Redondela ó Sampaio, co que están empatados a puntos.
Sampaio 3-0 Chapela B
O Chapela segue na metade baixa da táboa logo da derrota en Sampaio. Foi un encontro moi disputado, no que o Chapela tivo as súas opcións, pero non foron quen de superar a sólida defensa dos locais, que se impuxeron con tres goles á contra. O domingo reciben ó Balaídos, da parte baixa da táboa.
Oiense 5-1 At. Vilar
Os redondeláns sufriron unha dura derrota, con goleada incluída no campo do Oiense. O At.Vilar queda na metade da táboa, e a próxima xornada recibe ó S.Salvador, o 4º do grupo.
Crecentense 0-4 Nespereira
Os de Pazos manteñen o 5º posto do grupo logo de golear ó Crecentense a domicilio. A próxima xornada reciben en Nespereira ó Ponteareas, dous postos por baixo dos de Pazos.
No grupo 16 non houbo xornada ligueira, a próxima fin de semana dispútanse os encontros Cesantes-Caroi e Soutomaior-Pontecaldelas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará