Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós propón un museo virtual como antesala do parque arqueolóxico en Monte Penide

RR_Noticias

O obxectivo prioritario da Asociación Alén Nós é lograr que algún día se cree en Monte Penide un parque arqueolóxico, aínda que como primeiro paso nese camiño, apostan pola sinalización das mámoas e a creación dun museo virtual que serva para poñer en valor os restos arqueolóxicos alí existentes.  

A Asociación Alén Nós continúa a espera de que algún día as súas demandas sexan atendidas polas administracións  e que os restos funerarios de monte Penide pasen a conformar un parque arqueolóxico que serva para conservar as construccións alí existentes. Aínda que o obxectivo que veñen demandando dende hai anos pasa pola creación dun parque arqueolóxico, entenden que o primeiro paso sería a identificación das mámoas existentes e a súa axeitada sinalización para evitar que os traballos no monte provoquen a destrucción das mesmas. Algo que xa aconteceu en máis dunha ocasión. O seguinte paso sería crear un museo virtual a través de Internet que serviría para divulgar o patrimonio existente, un espacio web como antesala ao futuro parque arqueolóxico, que ao entender de Alén Nós é viable tendo en conta a boa disposición do goberno local. En Alén Nós son conscientes que de é requisito indispensable para abordar calquera acción na zona poñer de acordo ás comunidades implicadas, xa que non hai que esquecer que os terreos onde se asentan as mámoas pertencen aos comuneiros de Cedeira, Trasmañó, Cabeiro y San Esteban de Negros. Un xacemento cuxa posta en valor serviría de consumo interno para os veciños do municipio, con implicación didácticas para os alumnos dos centro educativos e que sería un foco de atracción de turistas, sobre todo de aqueles que chegan ao Porto de Vigo Hai tan so un mes Alén Nos denunciaba un novo ataque contra este xacementos arqueolóxicos logo de que unha máquina que desenvolvía labores forestais derruíse unha das mámoas, un feito que levou á asociación a demandar medidas de protección para este espazo.  

Andrés Laxe Alén Nós
Un museo virtual como primeiro paso na posta en valor dos restos arqueolóxicos
Foco de atracción turística
Aseguran que o parque atraería a numerosos turistas que fan parada en Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará