A previsión da empresa é crecer un 30% até final de 2013 e crear 200 novos empregos no período 2013-2014 grazas á ampliación da planta . O primeiro obxectivo é manter os 208 postos de traballo actuais o que se conseguirá grazas ao investimento que fará a empresa gala na planta de Cedeira.
A multinacional francesa investirá 8,5 millóns de euros na ampliación da planta de Cedeira, dos cales un millón procederán do Igape, o que permitirá crear “a curto prazo” 58 postos de emprego, segundo anunciaba o director da planta. Eduardo Villanueva non daba unha data concreta e afirmaba que todo dependerá da factoría de PSA Peugeot Citroën e dos dous novos modelos que ten previsto lanzar nos próximos meses, pero espera que antes do 2013 o crecemento da planta “estea máis que consolidado”.O director de Plastic Omnium recoñecía “que o presente e complicado pero o futuro esperanzador” xa que o investimento que fará a empresa permitirá manter os 208 empregados da planta, en situación de Expediente de Regulación de Emprego, e crecer até o próximo ano un 30%. Un anuncio que facía durante a visita que este venres o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, facía á factoría, xunto ao director da planta e o alcalde de Redondela, Javier Bas. O titular do departamento de industria da Xunta destacaba a importancia do proxecto que “non só suporá consolidar a empresa senón crear novos postos de traballo e a aposta polas novas tecnoloxías”, xa que se porá en marcha un sistema innovador dedicado á fabricación de compoñentes mediante a inxección de plástico que mellorará o rendemento da industria da automoción e tamén a produción.Un apoio que tamén amosaba o alcalde de Redondela, Javier Bas, quen destacaba que todas aquelas empresas que “xeren emprego contarán co apoio da Administración local, xa que este é un dos principais obxectivo do seu goberno”. O plan de ampliación permitirá aumentar a capacidade produtiva da planta redondelá, cun incremento da superficie das súas instalacións en 2.800 m2, que fará posible a incorporación de novos equipos nas cadeas de produción, para fabricar dous novos produtos: portóns exteriores máis lixeiros e parachoques, realizados cunha parte de material reciclado e procesados coa tecnoloxía do Grupo.