Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE solicita ao pleno que dea o seu apoio á Plataforma en defensa da Sanidade pública

RR_Noticias

Os socialistas presentarán unha moción no pleno de mañá para lle reclamar ao resto dos grupos o seu apoio a á iniciativa popular impulsada pola Plataforma SOS sanidade pública e para lle instar á Xunta e a Consellería de Sanidade que manteñan os investimentos e a xestión pública e directa do sistema de saúde en Galicia.

Na súa moción os socialistas redondeláns destacan o labor que está a desenvolver a Plataforma SOS Sanidade Pública en prol de “deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade impulsada polo actual goberno galego e co fin de garantir o dereitos constitucional á protección da saúde dos galegos”.
Lembran que a sanidade pública constitúe -xunto co ensino e os demáis servizos públicos- un elemento básico do Estado Social e un claro indicador de equidade e solidariedade, principios que aparecen cuestionados nas últimas décadas “por unha campaña neoliberal de ataque e desmantelamento dos sistemas públicos de saúde”.
Coa finalidade de frear “esa tendencia privatizadora” entenden que é preciso apoiar a Iniciativa lexislativa popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública que promove entre outras cuestións mellorar o servicio prestado á cidadanía incrementando a capacidade resolutiva en atención primaria e promovendo tamén un sistema de xestión descentralizado territorialmente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará