Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Multas poéticas no 1 de marzo

RR_Noticias

Redondela súmase a unha iniciativa que partiu das redes sociais e que leva por nome “Poesía en las lunas”.  Esta acción poética consiste en poñer poemas nos vidros dos coches de todas as cidades para que a xente se achegue a este xeito de expresión literaria.

A iniciativa consistirá en facer unha selección de poesías ou fragmentos de poesías, propias ou doutros autores, escribilas ou imprimilas nun cacho de papel e poñelas coidadosamente baixo os limpaparabrisas dos coches que se atopen estacionados na vía pública. Luisa Cayetano, a persoa encargada de organizar a acción no noso concello subliñaba como obxectivo último “alegrar o día a aqueles que vna colle coche nestes tempos grises” Existe un grupo en facebook “poesía lunática” creado para ir organizando esta acción e en Redondela contan tamén coa colaboración da Biblioteca Municipal e da Axencia de Lectura de Chapela quen distribuirán poemas, hoxe mércores 29 e mañá xoves día 1 a todos os que  se acheguen para que así poidan participar tamén da iniciativa.  

Luisa Cayetano impulsora de Poesía lunática
Explica en qué consiste a iniciativa
Unha iniciativa aberta
Promoven a participación dos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará