Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha manchea de mocións enchen de contido o pleno ordinario de febreiro

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas a sesión ordinaria correspondente ao mes de febreiro onde serán moitos os debates que se escoiten por mor principalmente das numerosas mocións presentadas polos grupos da oposición.

Mocións de carácter xenérico, tales como a presentada polo PSOE en defensa da Sanidade Pública ou a presentada polo BNG na que os nacionalistas demandan do resto dos grupos o seu apoio para rexeitar a reforma laboral. Ambos os dous grupos coincidiron tamén en presentar unha moción na que reclaman maiores medidas en prol da igualdade e en defensa dos dereitos das mulleres co gallo da celebración do 8 de marzo o Día Internacional das Mulleres. Escoitaranse ademais outros debates máis locais. Así por exemplo dende a Agrupación de Electores porán sobre a mesa a necesidade de incrementar a seguridade vial na parroquia de Chapela, concretamente na rotonda que se atopa nas inmediacións do Centro de Saúde na Avenida de Redondela. Lembran dende AER que a rotonda presenta graves carencias que dificulta o paso de peóns polo lugar, a pesar de atoparse nunha zona onde se concentran  un número importante de servizos. Por este motivo solicitan unha serie de obras consistentes en dar continuidade ás beirarrúas 200 metros antes e despois da rotonda, colocar pasos de peóns na entrada da autoestrada AP-9 e incrementar a seguridade dos peóns mediante semáforos. Piden tmaén que se solicite a urbanización de toda a Avda. de Redondela dende o alto da Encarnación ata o límite con Vigo (2,5 kilómetros aproximadamente), consistentes en cambiar as canalizacións de auga e saneamento por estar deterioradas e verter augas fecais ao río Maceira, entrada e saída de distintas zonas de poboación, melloras na seguridade viaria, retranqueo das beirarrúas cara os edificios para dotar de máis aparcamentos á avenida necesarios para os veciños e comercio en xeral, mellora do alumeado baseándose no aforro enerxético e iluminación nos pasos de peóns.  

Noé Cano AER
Demanda a mellora da seguridade vial na contorna da rotonda que se atopa nas inmediacións do centro de saúde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará