Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A abstención do PSOE impide eliminar a representación municipal dos actos relixiosos

RR_Noticias

A proposta procedía da Agrupación de Electores e contou co apoio do BNG. Era previsible o posicionamento do PP quen sen sorpresas votou en contra da moción alegando que nos atopamos nunha sociedade de tradición cristián e que é lóxico que os responsables do goberno estean presentes neste tipo de actos. Foron os socialistas quen decantaron finalmente a balanza coa súa abstención, argumentando que no seo do seu partido aínda non existe unha posición unitaria respecto a este asunto

A Agrupación de Electores confiaba en que a súa proposta saíse adiante. Demandaban a non participación da corporación en manifestacións de tipo relixioso atendendo a aconfesionalidade das institucións. Tal e como estaba previsto os populares manifestaron a súa aberta oposición á proposta, por entender que vivimos nunha sociedade de tradición cristián, onde unha boa parte das festas e actividades que se desenvolven no municipio teñen un compoñente relixioso. Aseguraban ademais que o seu partido acude a este tipo de actos por respecto aos veciños que os organizan e que reclaman a presencia da institución municipal. Precisamente, o respecto aos veciños foi o que tamén argumentaron os nacionalistas neste caso para apoiar a proposta de AER. Cecilia Pérez Orge cualificaba de “paripé que concelleiros que nunca pisan unha igrexa logo si o fagan en representación do concello” Finalmente foi a abstención do PSOE o que decantou a balanza. Os socialistas argumentaron a súa decisión por estaren envoltos nun debate interno en torno a este tema, xa que mentres hai quen entende que deben seguir asistindo as procesións “tal e como fixeron durante 30 anos cando acudiron sempre á procesión do Corpus co bastón de mando”, hai tamén outra postura encontrada que rexeita participar en actividades convocadas por “unha igrexa coa que o PSOE está ideoloxicamente enfrontada”.  

Jorge Varela AER
A agrupación de lectores pedía a separación dos actos relixiosos e institucionais
Alberto Pazos PP
Os populares defenden a asistencia a este tipo de actos
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas critican que os políticos vaian independentemente das súas crenzas
Luis Orge PSOE
A abstención responde a que no seo do PSOE hai duas posturas enfrontadas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará