Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras nos camiños do Subido e Penisal en Chapela rematarán neste mes de marzo

RR_Noticias

O goberno local asegura que a Deputación comprometeuse a asumir na súa totalidade o custe das obras a pesar do incremento no orzamento inicial. Entenden o malestar dos veciños que esta tarde se concentrarán diante do Concello para protestar pola parálise de diferentes obras pero insisten en que os atrasos responden a “situacións sobrevidas que están a ser xestionadas”.

O voceiro do PP, Alberto Pazos, asegura que as obras nos camiños de Subido e Penisal en Chapela rematarán neste mesmo mes de marzo. A Deputación pronvicial comprometeuse a asumir a totalidade do custe das actuación a pesar de que un erro no proxecto inicial obrigou a incrementar o custe das actuacións previstas O edil asegura comprender o malestar dos veciños que esta tarde iniciar un calendario de mobilizacións pero insiste en que dende o goberno local están a xestionar as obras cuxos atrasos responden a situación sobrevidas. En canto as obras de abastecemento e saneamento de Penisal, Igrexa e Formiga polo de agora non hai data de conclusión, “xa que a quebra da empresa adxudicataria do proxecto que entrou en concurso de acredores obriga agora a realizar un novo concurso de adxudicacións”.  

Alberto Pazos voceiro do PP
As obras rematarán neste mesmo mes de marzo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará