Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela polo roubo de varias pranchas de aceiro en Chapela

RR_Noticias

O detido, de 32 anos de idade e propietario da furgoneta coa que se levou a cabo o roubo, actuou xunto con outros individuos que aproveitaron o descoido dos empregados da empresa, situada na rúa José Fernández López de Chapela, para subtraer as láminas de aceiro valoradas en 800 euros.

Os feitos tiveron lugar na mañá do pasado 4 de marzo nunha empresa situada na rúa José Fernández de Chapela cando, segundo información da Policía Nacional, varios individuos subtraeron catro pranchas de aceiros de dous centímetros de grosor, valoradas en 800 euros, aproveitando que a nave se atopaba aberta e que os empregados estaban traballando na parte posterior.
Axentes do Grupo Operativo da Policía Xudicial de Redondela lograron identificar a un dos presuntos autores do furto e propietario da furgoneta na que os individuos cargaron o material subtraído. O vehículo foi localizado o pasado luns na Avenida do Aeroporto, recuperándose do seu interior tres das láminas subtraídas.
O seu propietario, ao que lle constan dous antecedentes policiais anterior, foi finalmente localizado e detido na mañá de onte mércores e posto a disposición do Xulgado de Instrucción Número Dous de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará