Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Pelos na lingua”, unha reflexión sobre o idioma galego desde a retranca e o humor

RR_Noticias

María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo son os protagonistas desta comedia que a compañía Talía Teatro achega a Redondela. O cuarto protagonista é o galego. Un espectáculo no que, a través do humor, convidan ó espectador a reflexionar sobre a lingua. Con moita sorna, “Pelos na lingua” ri dos tópicos e de situacións comúns que vivimos a diario, aínda que algunhas estean esaxeradas. A cita é no Multiusos da Xunqueira, o venres para os alumnos dos IES e o sábado para o público en xeral.  

Logo do éxito de “Bicos con lingua”, a compañía atrévese con esta segunda parte “Pelos na lingua” na que volven facer uso da comedia para falar dos usos e abusos do galego. Un espectáculo irónico, coa marcada retranca galega no que Talía Teatro ri dos tópicos e de si mesmos. Na obra atopamos situacións reais e moi comúns, que levan ó público a sentirse identificado co texto, áxil e dinámico. Artur Trillo, un dos actores, sinala que a obra está destinada a todo tipo de públicos, “tanto aos galegofalantes, como aos que non o son”. Dirixida por Avelino González, en “Pelos na lingua” sucédense de xeito áxil e dinámico multitude de historias, ás que dan vida o trío formado por María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo. O cuarto e gran protagonista da obra é o galego, con chiscadelas á actualidade que enganchan tamén ao público máis novo. Os alumnos dos IES de Redondela serán os espectadores desta comedia na sesión de mañá venres, no Multiusos da Xunqueira. Unha cita organizada polo SNL de Redondela ás 12.00 horas. Xa o sábado o público en xeral poderá gozar da representación dentro do programa Teatrarte, ás 20.00 horas. O prezo do billete é de 4 euros para o público en xeral, 2 euros para estudantes e xubilados.  

Artur Trillo actor
Unha reflexión sobre o idioma en clave de humor.
O humor como ferramenta
Talía Teatro sérvese do humor como ferramenta para chegar ós espectadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará