Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP vota en contra da proposta do BNG que pedía no Parlamento eliminar a peaxe en Rande

RR_Noticias

O PPdeG rexeitou onte no Parlamento de Galicia unha proposta do BNG que reclamaba á Xunta que solicitase o inicio de negociacións entre o Ministerio de Fomento e a empresa concesionaria da autoestrada AP-9 encamiñadas a eliminar a peaxe do tramo entre Vigo e Redondela.

Os nacionalistas argumentaban esta proposta na “gran interdependencia e forte relación entre os municipios de Redondela e Vigo, así como nas carencias da estrada N-552 que cruza as parroquias de Chapela e Teis o que se traduce en importantes problemas para os residentes nesas zonas polo elevada intensidade do tráfico.
O deputado do BNG, Henrique Viéitez defendeu a eliminación da peaxe alegando ademais que isto se traduciría en melloras na circulación e descargaría de tráfico as principias rúas de Teis e Chapela.
Dende o PP, argumentaron o seu voto en contra da proposta dos nacionalistas por entender que a pesar de estar de acordo en suprimir esta taxa, esa eliminación debería facerse non de xeito illado senón “vinculada a unha reformulación da autoestrada” un proxecto que segundo aseguraron xa lle teñen trasladado dende a Xunta ao Ministerio de Fomento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará