Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica o elevado gasto do goberno local nos parques infantís

RR_Noticias

Os nacionalistas entenden que é “desproporcionado” o gasto de vinte mil euros investidos na renovación completa de tres parques infantís do municipio. Entenden que “non existe motivo xustificado para que se proceda ao cambio completo de ditos parques”.

Explican dende o BNG que estas cifras foron aportadas polo propio goberno local no último pleno de febreiro, onde se achegaron as facturas correspondentes aos investimentos realizados para a renovación completa de tres parques do concello cun montante total de 20.000 euros. Os nacionalistas critican que se invistan cantidades tan elevadas nestes conceptos cando dende o concello están a realizar recortes noutras axudas e subvencións ou incluso, nese camiño de axustes, non se está a substituír a traballadores que se atopan de baixa. Poñen como exemplo o caso da técnica do Centro de Información á Muller “cuxa baixa non foi cuberta a pesar de tratarse dun período de baixa de maternidade e polo tanto coñecido de antemán polo goberno municipal”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará