Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redución de persoal obriga á biblioteca de Redondela a diminuír o horario de apertura

RR_Noticias

O novo horario, que entrará en vigor o mércores día 14, obrigará a pechar as instalacións que se atopan no Multiusos ás 20:00 horas, cando ata o de agora os usuarios podían gozar deste servicio ata as dez da noite. Modifícase tamén o horario de apertura que pasa das dez ás once da mañá.

A partir do mércores día 14 os usuarios da biblioteca de Redondela deberán acostumarse a un horario moito máis limitado na sala de adultos. Durante a mañá este servicio estará dispoñible de 11:00 a 14:00 horas e pola tarde de 17:00 a 20:00 horas. Unha redución notable, xa que pasa de 10 a seis horas diarias, debido a unha redución de persoal que lles obriga a prescindir dun dos tres traballadores que estaban a xestionar a biblioteca.
O concelleiro de Cultura, Alberto Pazos, asegurou que a decisión do seu departamento de non prorrogar o contrato ao traballador que estaba contratado de xeito temporal responde a unha limitación obrigada pola normativa estatal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará