Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela busca porteiro á desesperada

RR_Noticias

O equipo de Fran Teixeira loita por meterse na fase de ascenso, obxectivo que está moi preto logo de impoñerse ao Zamora. Pero ó equipo redondelán perségueo a mala sorte. Ao cúmulo de lesións que arrastran desde que comezou a liga súmase agora a baixa voluntaria de Lloria, ao decidir o porteiro incorporarse ás filas do Octavio. Con Celti recentemente saído dunha lesión, no club buscan porteiro “a contra reloxo”, unha tarefa moi complicada cando restan catro xornadas de liga na Primeira Nacional.

En Chapela están convencidos de que lle botaron “algún mal de ollo”. O equipo, que se confeccionou a comezo da tempada da Primeira Nacional para loitar pola fase de ascenso, non deixa de acumular dificultades. Ás graves lesións de Rafa Gestido, Sergio Cid e Deco, que os deixaron fóra practicamente toda a temporada, fóronse sumando outras máis leves do resto de xogadores por acumulación de minutos. Con todo, o equipo colleitou moi bos resultados. O adestrador, Fran Teixeira, salienta o esforzo de todos os xogadores do equipo, e tamén dos que colaboran das categorías territoriais, que están a dar “máis do cen por cen”. Tamén salienta “o gran apoio da afección”, que fixo posible que esta temporada sigan invictos en Chapela. E agora que o club se achega ó obxectivo, empatados a puntos co segundo, e coa ollada posta na fase de ascenso, chega outro duro “pau”: a baixa de Lloria. O porteiro anunciou esta semana que deixa o equipo para incorporarse ás filas do A.Octavio, de liga Asobal. A nova colleu por sorpresa a corpo técnico e directiva, que agora teñen que atopar un gardameta en tempo marca para disputar as catro xornadas que restan de competición, e que serán decisivas. Teixeira explica ademais que a situación do outro porteiro do club, Celti, é “moi complicada” xa que acaba de saír dunha lesión da que non está aínda completamente recuperado. O presidente do club, Manuel González Soto, explican que buscan un substituto “contra reloxo” e que barallan varias opcións, pero que aínda non hai nada pechado dada a complicación engadida de estar a piques de rematar a liga. Coa incerteza de poder contar cun porteiro de recambio preparan o próximo partido, que será o sábado en Coia, diante do Seis do Nadal. Os vigueses están na metade táboa, pero malia os malos resultados das últimas xornadas Teixiera non se fía. Fala dun rival “moi competitivo” e no que militan varios ex xogadores do Chapela, polo que anuncia que haberá moita rivalidade.  

Fran Teixeira adestrador
A saída de Lloria agrava a situación do Chapela que ten ó outro porteiro Celti lesionado.
Seis do Nadal-Chapela
Teixeira agarda un partido complicado e de moita rivalidade en Coia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará