Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un home resulta ferido nun accidente laboral nas obras de ampliación do aeroporto en Vilar

RR_Noticias

Os feitos producíronse n mañá do sábado cando, segundo información da policía local o camión que conducía este traballador de 47 anos de idade caeu por un terraplén causándolle un traumatismo cranoencefálico severo, polo que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo.

A alerta deuna un veciño da zona, quen logo de escoitar un ruído de grandes dimensións chamou á Policía Local para advertirlle do que cría fora un accidentes de tráfico. Unha vez no lugar os axentes comprobaron que un camión tiña escorregado por un terraplén cando estaba a traballar nas obras de ampliación do aeroporto de Peinador. O condutor do camión, J.P.C. de 47 anos de idade e veciño da localidade coruñesa de Boqueixón foi trasladado  en ambulancia a un centro hospitalario afectado por un traumatismo craneoncefálico severo. Unhas lesións que poderían ter sido moito máis graves de non ir o condutor do vehículo co cinto de seguridade.
Ao lugar do suceso, no Camiño da Cova no barrio de Millarada desprazáronse efectivos de Protección Civil e da Policía Local que axudaron a avacuar ao ferido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará