Os de Jacobo Montes sumaron tres puntos no campo de Oira cunha axustada vitoria de 0-1 sobre o Ourense B, nun partido con protagonismo do porteiro Cortegoso. O Choco mantén así a segunda praza e loita polo ascenso. A xornada deixa resultados positivos para a maioría dos equipos da bisbarra, con empate do Chapela na Primeira Autonómica e vitoria do Arcade en Segunda.
Preferente Autonómica
Ourense B 0-1Choco
Con moito traballo os de Jacobo Montes aférranse á 2ª praza da categoría logo de impoñerse pola mínima ó Ourense B, o pechacancelas do grupo. Adiantáronse os redondeláns no minuto 15 cun gol de Caloi, e aínda que na primeira parte os locais tiveron varias ocasións, o bo xogo defensivo do Choco e as actuacións de Cortegoso impediron o empate. Na segunda parte houbo ocasións por parte dos dous conxuntos, cos locais buscando o empate e o Choco facendo o seu partido á contra, moi serios na defensa. Pero a falta de acerto nunhas ocasións, e as actuacións dos porteiros noutras, impediron que o marcador se movera, deixando o 0-1 definitivo a favor do Choco. O domingo terán que seguir pelexando por manter a segunda praza, será en Santa Mariña diante do Atios, o 7º clasificado do grupo.
Primeira Autonómica
Chapela 0-0 Domaio
O Chapela segue afundido na metade baixa da táboa logo do partido co Domaio, no que houbo poucas ocasións para os dous equipos. Os redondeláns puideron poñerse por diante, pero erraron un penalti que supuxo a expulsión do porteiro. O Domaio quedou con 9 xogadores, pero a pesares da superioridade numérica os de Juan Casales non conseguiron superar ó rival, moi superior no xogo. A próxima xornada xogan no campo do San Adrián.
Segunda Autonómica
Cuntis 0-2 Arcade
Os de Soutomaior impuxéronse a un dos equipos máis fortes da liga con goles de Junior e Palú. Os tres puntos dan esperanzas ós de Soutomaior para seguir loitando pola permanencia. A próxima fin de semana reciben na casa ó Noalla (2º)
Terceira Autonómica
Moledo 0-8 Choco B
O filial do Choco goleou sen piedade a un dos equipos máis febles do grupo, o Moledo, o que encarrila ós redondeláns cara os postos de ascenso. A próxima xornada dispútase o interesante derbi local Choco-Chapela
Nigrán 4-1 Chapela B
Os de Chapela non puideron cun Nigrán que se amosou moito máis efectivo. Seguen na parte baixa da táboa e o domingo afrontan ó derbi local nunha situación ben diferente á do filial do Choco, que se sitúa nos postos altos da táboa.
At. Vilar 5-5 Mosende
Os redondeláns asinaron un encontro moi pelexado e con moitos goles diante do pechacancelas do grupo, o Mosende, que rematou en empate. A próxima xornada xogan no campo do líder do grupo, o Tyde.
Santomé 2-3 Cesantes
O Cesantes conseguiu impoñerse no campo do Santomé, un dos conxuntos máis fortes do grupo. O domingo reciben ó Bueu, 5º do grupo.
Soutomaior 3-2 Cruceiro B
Os de Soutomaior mantéñense segundos logo da vitoria sobre o Cruceiro B. A próxima xornada xogan no campo do Xeve, da parte baixa da táboa.
Cañiza 2-1 Nespereira
Os de Pazos baixan ó 5º posto do grupo logo da derrota na Cañiza. O domingo volven xogar fóra, no campo do Xinzo, un dos equipos fortes do grupo, e que ocupa a 3ª praza.
Fútbol Sala – Autonómica Sur
S.Martiño 3-2 Redondela F.S.
Os redondeláns manteñen a 9ª posición da táboa malia a derrota no pavillón do San Martiño. Foi un partido de moita rivalidade e moi igualado, pero finalmente os locais conseguiron impoñerse grazas á súa efectividade. A próxima fin de semana o Redondela F.S. recibe na bomboneira ó Baitra Baiona, o 4º do grupo.