Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR fai un balance positivo da temporada malia o descenso polo bo traballo da canteira

RR_Noticias

  A derrota diante do Calvo Xiria condena á SAR Plastic Omnium ó descenso. Agora o obxectivo do club é sumar puntos nas tres últimas xornadas que lles permitan abandonar a última posición da táboa e superar ó Camariñas. Con todo a directiva fai un balance positivo da temporada, cun equipo moi novo ó que se sumaron varios xogadores xuvenís e no que a canteira foi a protagonista.  

Sabían que ía ser unha temporada difícil, loitando ata o final pola permanencia, pero as cousas foron máis complicadas do previsto. Á alta competitividade da Primeira Autonómica sumáronse varias baixas por lesións que prexudicaron ó equipo redondelán. A derrota da pasada fin de semana diante do Calvo Xiria condenou á SAR Plastic Omnium ao descenso. Agora o seu obxectivo é sumar algún dos seis puntos en xogo nas tres xornadas que faltan para rematar a liga. O presidente, Aurelio Krook, confía en poder “abandonar a última posición da táboa e adiantar ó Camariñas”. A primeira oportunidade téñena o sábado na bomboneira, diante do OAR Coruña. Os outros dous encontros serán primeiro en Zamora, e logo en Redondela, diante do Seis do Nadal. Malia os malos resultados no club amósanse “satisfeitos” coa temporada e cos resultados do equipo. O presidente salienta que se sacaron “cousas positivas” como “recuperar a canteira” cun equipo feito case na súa totalidade con xogadores de Redondela. Krook salienta que cun equipo “moi novo” ao que, por mor das lesións se sumaron varios xogadores xuvenís, souberon estar á altura, e ser dignos rivais para equipos como o Zamora ou Chapela. Por iso apostas por seguir traballando “na mesma liña” na próxima temporada. Xa en Autonómica agardan seguir contando co mesmo equipo e consolidar o seu xogo, contando cos xogadores do equipo xuvenil. Ademais seguen a apostar polo deporte base, polo que continuarán co traballo nas cinco Escolas Deportivas coas que contan en diferentes colexios de Redondela, Pazos, Reboreda e Arcade.  

Aurelio Krook presidente
A directiva fai un balance positivo polo traballo da canteira.
SAR-OAR Coruña
O obxectivo na recta final da liga é abandonar a última praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará