Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello habilitará aparcamentos alternativos en terreos particulares

RR_Noticias

Prohibirase aparcar en todas aquelas rúas onde non quede baleiro como mínimo un espazo de tres metros unha vez estacionado un vehículo co gallo de garantir a seguridade. A Concellería de tráfico negocia cos propietarios de diferentes fincas de cara a habilitar aparcamentos alternativos na zona de Vilavella, na contorna da praza de Ribadavia e no lugar coñecido como “O Aterrado” na zona de A Picota.

Estas e outras medidas estánselle a trasladar ao veciños en xuntanzas convocadas polo goberno local. Onte eran os veciños das rúas Miraflores, Cabo dos Fumeiros e Picota os que se achegaban ao Multiusos da Xunqueira para coñecer de primeira man as propostas do departamento de tráfico que pasan fundamentalmente por reorganizar as zonas de aparcamento nas rúas mencionadas. Esa regulación concrétase entre outras medidas por prohibir o estacionamento de vehículos en calquera rúa onde non quede un mínimo de tres metros de espazo baleiro que permita o paso dunha ambulancia ou dun camión de bombeiros. O obxectivo, segundo explicou na Radio municipal o edil de tráfico, Arturo González “é garantir a seguridade dos veciños”. A alternativa para todos aqueles condutores que adoitaban aparcar nesas rúas será deixar o seu vehículo en zonas xa habilitadas como aparcamento. Tamén anuncian dende o Concello que están a negociar con propietarios dalgunhas leiras para tentar dotar cada zona dun aparcamento propio. Así, se empregaría para tal fin unha finca na contorna de Vilavella, outra nas inmediacións do Pazo de Petán preto da praza de Ribadavia e unha terceira zona de estacionamento no lugar coñecido como O Aterrado.Na vindeira semana o edil reunirase cos veciños de Vilavella para trasladarlles tamén as novidades qeu se pretenden poñer en marcha nesa zona.

Arturo González edil de tráfico
A medida de prohibir aparccar en determinadas rúas débese á necesidade de garantir a seguridade
Alternativas de estacionamento
O concello busca negociar con propietarios particulares para destinar as súas fincas como aparamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará