Durante toda a fin de semana centos de persoas achegáronse ao Castelo de Soutomaior para gozar dunha nova edición do Certame da Camelia. Unha exposición que celebraba a súa XII edición nuns xardíns, os da fortaleza medieval, que veñen de ser recoñecidos como de “excelencia internacional” distintivo único en España e que tan só comparten outros 18 xardíns en diferentes puntos do planeta.
Nesta edición o xurado do certame outorgou o premio á mellor flor a Fermina Martínez Collazo, do barrio de Alxán en Soutomaior, mentres que a mellor composición artística foi para María del Carmen Pérez Sesteira de Vilaboa.
O premio especial “Lelita gradín” foi para Olaia Castrillo Sánchez de Arcade e o mellor traballo escolar recaeu no primeiro ciclo de Primaria do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior.
En total participaron 57 expositores, 26 dos cales eras produtores locais.