Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno retira da orde do día o debate dos orzamentos

RR_Noticias

O goberno local acordou a última hora de onte e logo de que así llo demandasen dende a oposición, retirar o debate dos orzamentos que estaba previsto se levase ao pleno ordinario de mañá mércores. O concello convocará unha sesión extraordinaria pasada a Semana Santa para abordar en exclusiva o tema das contas municipais.

A decisión do goberno local de retirar da orde do día do pleno ordinario de marzo, que se celebra mañá mércores na Casa do Concello ás 20:00 horas adoptouse logo de que así llelo solicitasen dende a oposición, segundo asegurou o alcalde Javier Bas, quen engadiu que o debate se traslada para a semana que vai do 9 ao 13 de Abril, cando se convoque unha sesión extraordinaria na que se debaterá en exclusiva este asunto, de enorme relevancia para o municipio.
Lembramos que o PP necesita acadar apoios para sacar adiante o que será un dos orzamentos mías austeros dos últimos anos e que ascende a 15’8 millóns de euros, practicamente catro millóns menos respecto do último orzamento aprobado polo bipartito e que ascendía a 19’5 millóns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará