Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia irregularidades nas probas de contratación dos bolseiros de Turismo

RR_Noticias

Acusan ao tribunal de non permitir a unha das aspirantes a realización da proba en galego “dicíndolle que si o facía así non a ían puntuar”. Critican tamén que unha das preguntas lle solicitase aos candidatos a realización dun itinerario turístico polo Castelo de Soutomaior cando a proba debía ser sobre Redondela. Por estes motivos solicitan a convocatoria urxente da Comisión de Cultura.

Os feitos tiveron lugar nos transcurso das probas de selección para a contratación de dous bolseiros para a oficina de Turismo de Redondela que se celebraba na mañá de onte luns. O BNG denuncia que se produciron unha serie de irregularidades que poñen en dúbida a legalidade do proceso motivo polo que solicitan a convocatoria urxente da Comisión de cultura para que se dean as explicacións oportunas sobre o acontecido. Entre as irregularidades detectadas apuntan que unha das persoas que formaba parte do tribunal coaccionou a unha aspirante a non realizar a proba en galego dicíndolle “que si o facía así non lla ían puntuar”. Un feito que os nacionalistas entenden de “gravidade extrema” pois conculca un principio básico constitucional “o dereito a utilizar o propio idioma”. Engaden tamén que unha das preguntas versaba sobre a redacción dun itinerario turístico do Castelo de Soutomaior, “cando na comisión que aprobou as bases o Alcalde dixo que a proba escrita e eliminatoria seria sobre a localidade de Redondela”.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Denuncian a coacción dun membro do tribunal para que a proba non se fixera en galego
Anulación das probas
O BNG pide a anulación das probas polas irregularidades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará