Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno destina 1’2 millóns para a rehabilitación do Viaduto de Madrid

RR_Noticias

O proxecto de rehabilitación, que se prolongará durante dous anos, prevé un investimento total de 6’1 millóns de euros, que permitirán devolver a estrutura ao seu estado orixinal logo de varios anos cuberta cunha rede para evitar desprendementos. A primeira achega xa recollida nos orzamento do estado deste ano ascende a 1’2 millóns de euros.

O goberno local amosou a súa satisfacción logo de coñecer a inclusión nos orzamentos xerais do estado dunha achega económica para a rehabilitación do Viaduto de Madrid. Unha achega que ascende a 1’2 millóns de euros e que se completará con novas partidas de 3’2 millóns no 2013 e 1’1 millóns no 2014. O investimento completarase con medio millón máis no ano 2015. O investimento total na recuperación desta infraestrutura ferroviaria acadará polo tanto os 6’1 millóns de euros. O voceiro do PP en Redondela, Alberto Pazos amosaba a satisfacción do goberno local por esta partida e explicaba que o 1’2 millóns que se recollen nos orzamentos deste ano destinarase a elaboración do proxecto e á adxudicación da obra que se desenvolverá xa o vindeiro ano Dende o goberno local apuntan que estas achegas responden ao compromiso das distintas administracións por dar resposta a unha das prioridades do equipo que lidera Javier Bas dende a súa chega á alcaldía.  

Alberto Pazos voceiro do PP
Confirma a achega dos orzamentos do estado
Elaboración do proxecto e licitación
A fase de realización da obra será no 2013

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará