Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O XIII Festival Internacional de títeres achega a Redondela os espectáculos de 15 compañías

RR_Noticias

De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias que visitarán o noso concello co gallo dunha nova edición do festival que se celebrará en Redondela do 14 ao 20 de Maio.

Nesta ocasión os espectáculos proceden de lugares tan dispares como Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid,Cataluña e Galicia. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas, que nesta edición esperan congregar a máis de 35.000 espectadores aproveitando tamén a coincidencia co Día das letras Galegas, o 17 de maio. Á programación habitual centrada nas citas exclusivas para os escolares, o teatro de rúa e os espectáculos de sala, este ano se engade tamén unha proposta novidosa, o teatro íntimo a cargo das compañías Onírica Mecánica de Murcia e Sofie Krong de Dinamarca. Dende a organización Luis Crespo agradece especialmente a colaboración dos veciños e comerciantes da vila “que coas súas achegas permiten sumar 6.000 euros ao orzamento do festival” así como o apoio incondicional da Concellería de Cultura. Lamentan pola contra a falta de apoio doutras institucións como a Deputación ou a Xunta de Galicia, que ben por recortes ben por cuestións burocráticas, este ano non aportan cantidade económica algunha a un Festival que é xa todo un referente en Galicia.  

Luis Crespo director Festival
Falábanos dalgunhas das propostas máis salientables
Teatro íntimo
Unha proposta orixinal desta edición
Financiamento
O Concello financia a parte máis importante do Festival

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará