Cruz Vermella en Vigo está a desenvolver unha campaña de captación de voluntarios nos concello de Pazos de Borbén e Fornelos de montes. As persoas interesadas poden poñerse en contacto ben cos traballadores sociais en cada un dos concellos ou no teléfono 986 423666.
O obxectivo desta acción é buscar a participación das persoas residentes en Pazos e Fornelos nos obradoiros dirixidos a persoas maiores que Cruz Vermella desenvolve en ambos os dous municipios. Os únicos requisitos para participar do voluntariado é ser maior de 18 anos, ter inquietudes sociais e contar cun pouco de tempo para llo dedicar aos demais, xa que formación que imos precisar corre a conta de Cruz Vermella que se encarga de dar aos participantes as ferramentas necesarias para desenvolver as actividades que organizan. Concretamente se centran en programas de proximidade coa xente maior coa organización de obradoiros de avellentamento activo onde os maiores participantes realizan actividades de estimulación cognitiva, psicomotricidade e agrupación social.