Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pepe Carreiro e Xurxo Valcárcel presentan no Multiusos o libro “A noite do Apalpador”

RR_Noticias

A actividade está enmarcada dentro do programa “IV semana do libro: A Festa das palabras” que organizan conxuntamente o Servicio de Normalización Lingüística e as bibliotecas de Redondela e que inclúe unha exposición multilingüe nos Multiusos de Redondela e Chapela de obras publicadas nas diferentes linguas da península.

A exposición multilingüe cunha escolma de libros nas diferentes linguas da península pódese visitar durante esta semana no Multiusos do Piñeiral do Crego e a partir do 23 de abril estará a disposición dos veciños na Xunqueira. Unha mostras a través da cal nos podemos achegar a obras en éuscaro, asturiano, catalán ou portugués, entre outros. Este anos a programación organizada conxuntamente polo Servicio de Normalización e as bibliotecas de Redondela contará tamén coa presentación de diferentes publicacións, a primeira das cales chega asinada polo escritor redondelán Xurxo Valcárcel baixo o título “A noite do Apalpador”. Un libro orientado ao público infantil que conta ademais con ilustración de Pepe Carreiro, autor dos Bolechas e responsable tamén da imaxe da mascota A Coca Simona. Unha presentación que terá lugar no Multiusos o xoves ás 12 do mediodía. Na vindeira semana pasarán tamén por Redondela os escritores Moisés Quintas Suárez quen presentará o libro “Guía didáctica dos instrumentos tradicionais galegos” o mércores 22 ás 20:00 horas e xa o venres as 12:00 horas será a poeta Yolanda Castaño para presentar a súa última proposta editorial “Babelia en galego”. Ambos os dous actos terán lugar na Casa da Cultura.  

Eva García Rei técnica de Normalización
Unha exposición multilingüística
A noite do Apalpador
Un libro de Xurxo Valcárcel e Pepe Carreiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará