Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A auga, protagonista das xornadas informativas que organiza a Plataforma

RR_Noticias

Na tarde de hoxe xoves proxectarase no Multiusos a película “Y tambiénla lluvia” de Iciar Bollaín e mañá venres a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego galego, Carmen Freire impartirá unha charla coloquio na que se analizará a nova lei de Auga e a introdución dun canon para os propietarios de pozos particulares ou usuarios das Comunidades de Augas.

O obxectivo da Plataforma Cidadá é trasladar á cidadanía os cambios e novidades que inclúe a nova Lei da Auga aprobada pola Xunta e que entraba en vigor xa a finais do 2010. Unha normativa que ao entender de Plataforma supón unha privatización dun ben de todos como é a auga e que contempla a aplicación dun canon que vai afectar negativamente tanto aos propietarios dun pozo particular como aos usuarios das Comunidades de auga, que ata o de agora non tiñan que pagar por este ben. As xornadas arrancan esta tarde ás 20:00 horas coa proxección da película “Y también la lluvia” unha cinta de Izar Bollaín que a organización elixiu polas similitudes existentes entre a guerra da auga vivida en Bolivia no ano 2000 e a sitúación actual no noso país coa aplicación da nova normativa. A actividade continuará mañá cunha charla a cargo da Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carmen Freire baixo o título “Novas sobre a lei da Auga” na que falará entre outras cuestións de comunidades de auga que xa recibiron a carta de cobro na qeu se lles reclama o tan manido canon.  

Jacobo Ojea Plataforma Cidadá
Fálanos do motivo de organizar estas xornadas
Y también la lluvia
Unha película que ten paralelismos co caso galego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará