Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Voice over e La huida parten como favoritas na VIII edición do Redondela en Curto

RR_Noticias

O festival de curtametraxes, que se desenvolverá en Redondela do 26 ao 29 de abril proxectará un total de 16 curtametraxes que foron seleccionadas entre as 545 recibidas no ano máis participativo dos celebrados ata o de agora. Mantéñense malia os recortes orzamentarios seccións habituais como Máis minutos ou a Sección alternativa na Disoc tasca.

O Festival Redondela en Curto arrancará o xoves 26 ás 21:00 horas coa proxección no Multiusos da Xunqueira do primeiro dos bloques no que se inclúen os títulos “Desayuno con diadema”, “Morir cada día” e as dúas curtas destacadas polo director do festival, Fernando Carreira “Cuchi” quen subliñaba como imprescindibles os título “Voice over” e “La huida”. Os pases continuarán nas xornadas do venres, sábado e domingo, en total 16 curtametraxes entre as que atopamos tan só unha procedente de Galicia “El club del bromista” curiosamente tamén a única de animación das que se proxectan nesta edición.  E malia os recortes orzamentarios, que reduciron a achega do Concello dos 18.000 aos 14.000 euros, mantéñense outras sección como a “friki” que terá lugar na Discotasca na media noite do venres ou o espazo “Mais minutos” que este ano contará coa proxección do documental de Helena Billares Gallardo “23”. Unha cinta na que se contan 23 historia en tórnoa ao golpe de estado do 23F e que se poderá ver ás 22:00 horas do sábado no Multiusos. E para compensar lixeiramente a diminución da achega institucional este ano haberá un incremento dos prezos. Con todo, as entradas venderanse a un prezo módico: 3 euros que dan dereito ao visionado de catro curtas.  

Fernando Carreira "Cuchi" director do Redondela en curto
Deixaba nos nosos micrófonos a súa quiniela particular
Sección Máis MInutos
Proxectarase o documenal "23"
Sección friki
As curtas máis alternativas poderanse ver na Disco Tasca
Recortes orzamentarios
O festival pasa de contar con 18.000 euros a ter que axustarse a 14.000

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará