Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O turismo lingüístico chega a Redondela

RR_Noticias

Da man da Cooperativa Trespés un grupo de estudantes universitarios franceses están esta semana en Redondela coa escusa de poñer en práctica os seus coñecementos de galego. Unha iniciativa que parte da lectora de galego na Sorbona, Martiña Varela, que ve neste tipo de viaxe o xeito idóneo para que os seus alumnos se acheguen á realidade lingüística do pais.

En total son oito os estudantes que durante toda esta semana poderán gozar de diferentes actividades no noso municipio: visitas guiadas a diferentes puntos da contorna e norte de Portugal, conferencias, concertos e tamén unha incursión gastronómica para coñecer algo tan típico da zona como son os fúranchos. Un variado conxunto de actividades enmarcado dentro dun programa de turismo lingüístico que organiza a Cooperativa redondelá Trespés. Un dos seus integrantes, Alberte Roman entende que a lingua pode ser tamén entendida como un recurso turístico para desenvolver diferentes accións encamiñadas a que turistas ou visitantes poidan mellorar as súas competencias no uso do galego. A iniciativa é resultado do interese persoal da lectora de galego na Universidade parisina, Maitiña Varela, quen organiza anualmente estas viaxes para que os estudantes poidan ter contacto directo coa realidade sociolingüística do noso pais. Satisfeitos coa experiencia, Fred e Natalie confesaban que o seu achegamento ao galego foi por pura curiosidade e lamentan no poder contar con máis clases, xa que estas se reducen a tan so unha hora e media semanal.  

Alberte Román Trespés
A lingua como reurso turístico
Martiña Varela lectora de galego
Unha viaxe que serve para que os estudantes de galego poñan en práctica os seus coñecemenos
Fred e Natalie estudanes de galego
Sen conexións con Galicia estudan este idioma por movidos pola curiosidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará