Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan a creación dun banco de terras para a instalación de cultivos ecolóxicos

RR_Noticias

A agrupación local de Esquerda Unida trasladará este debate ao próximo pleno municipal por entender que a creación de cooperativas de desempregados que se dediquen a explotar leiras improdutivas da vila pode ser unha saída laboral para unha parte da poboación que se atopa en situación de risco de exclusión ademais de ser unha proposta “coherente e factible que xeraría emprego e riqueza local”.

Neste sentido a  agrupación política aposta por que se fomente a creación de cooperativas de desempregados que se dediquen a explotar mediante agricultura ecolóxica fincas improdutivas na vila. Recuperando así, a riqueza agraria do campo galego que na actualidade atopase infrautilizado, para xerar emprego e promover a oferta de alimentos sans, sustentábeis, económicos e locais.
Dende Esquerda Unida  consideran está proposta coherente e factible e que xeraría emprego e riqueza local ao mesmo tempo que permitiría o aceso a alimentos baratos e de calidade á veciñanza, e todo isto con un mínimo investimento.
Por estes motivos esperan que o pleno municipal se sume a súa moción na que solicitan que se implementen medidas de fomento da agricultura ecolóxica como a conversión de novas leiras, facilitando a instalación de novos agricultores en ecolóxico, e fomentando o consumo interno a través de redes de canles curtas de distribución como os mercados parroquiais que garantan prezos xustos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará