Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os “vespartanos” toman as rúas

RR_Noticias

O club aglutina a preto dunha vintena de veciños de Redondela que teñen en común o seu amor polos vehículos de dúas rodas e, máis concretamente, polas vespas. Logo de instituírse como asociación celebran este domingo a súa primeira actividade: unha “chocada vespartana” que espera congregar a máis de 40 afeccionados do sur da provincia.

Aproveitando a celebración da Festa do choco a asociación recen nacida pon en marcha  súa primeira actividade como club: unha ruta moteira que percorrerá todas as parroquias de Redondela e que tocará tamén puntos dos concellos limítrofes. Ademais, sen esquecer o carácter gastronómico da fin de semana, convidarán a todos os asistentes a unha degustación de empanada de choco. A scooterada vespartana terá o seu punto de encontro na praza de Ribadavia (praza da Farola) onde se inscribirán de xeito gratuíto e dende onde partirá o seu percorrido que os levará ata a praia de Cesantes, o Castelo de Soutomaior ou o monte Vixiador. Un percorrido que congregará, segundo as súas primeiras estimacións a máis de 40 vespeiros de Vigo, Pontevedra, Cangas e outros concellos do sur da provincia. Con esta cita do domingo inician un calendario de actividades que pretende dar resposta a todos os veciños da comarca que teñen nos vehículos de dúas rodas, preferentemente nas vespas, un xeito de se divertir facendo quedadas periodicamente para compartir impresión sobre o hobby común e para percorrer rutas que como no caso da prevista para o día 13, ten un elevado interese paisaxístico.  

Calía Ricón ruta da scooterada
A chocada vespartana celébrase este domingo día 13
Fer Barciela un club aberto
Os que queiran poden sumarse a través do facebook

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará