Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos de Chapela anuncian mobilizacións se non rematan as obras no Subido e Penisal

RR_Noticias

Diferentes asociacións da parroquia uníronse para reivindicar xuntos diferentes melloras para Chapela. Denuncian o “abandono” da parroquia por parte das administracións, tanto en materia de infraestruturas como servizos. Como reivindicación urxente esixen a reparación de varios camiños afectados polas obras de saneamento. Advirten que convocarán mobilizacións se os traballos non se rematan nun prazo de 15 días.

Varios colectivos de Chapela (AA.VV., Comunidade de Montes, Asociación de Afectados pola Autopista, Club de Remo, Club de Fútbol e FPG de Redondela) denuncian o abandono da parroquia por parte das administracións, “tanto do anterior goberno local como do actual”. Lamentan a situación , tanto en materia de infraestruturas como servizos, e nunha xuntanza mantida esta semana decidiron facer reunións mensuais conxuntas. O obxectivo é unir forzas para facer un chamamento conxunto á mobilización veciñal. Como primeira reivindicación urxente esixen a inmediata terminación das obras dos camiños Subido, Penisal, Torreiro, Igrexa, Animas e outros lindantes afectados. Dánlle ó Concello un prazo de 15 días para o remate total dos traballos, e esixen que os camiños quedan tal como estaban antes do comezo das obras. Advirten que no caso de que as administracións non cumpran, convocarán a mobilización xeral dos veciños da parroquia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará