Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de aparcamento por mor da Festa do Choco provoca problemas de tráfico na vila

RR_Noticias

Moita paciencia deberán ter os condutores que estes días circulen por Redondela. A instalación da carpa para a festa gastronómica e as atraccións limitaron moito as prazas de aparcamento no centro da vila. Un problema que se suma ás obras de asfaltado no Paseo da Xunqueira, que están a provocar problemas de tráfico no centro redondelán.

Mellor deixar o coche fóra do casco urbano e facer as xestións a pé. Esa é a recomendación para todos aqueles condutores que poidan prescindir de circular estes días polo centro da vila. A colocación dunha gran carpa no Campo da Feira e a instalación de diferentes atraccións na explanada da marisma están a limitar moito as prazas de aparcadoiro. E esta situación prolongarase toda a fin de semana por mor da celebración da Festa do Choco. Os preparativos do evento gastronómico permitirán ós visitantes gozar dun amplo recinto, pero trae de cabeza ós automobilistas. Aqueles que optan por deixar os seus coches mal estacionados, en dobre fila ou enriba das beirarrúas, entorpecen a circulación. Desde a Policía Local informan que non se produciu ningún incidente, pero si importantes retencións. Un problema engadido son as obras de asfaltado no Paseo da Xunqueira, que tamén afectan ó transporte público. A liña de autobuses que une Pontevedra e Vigo non pode circular pola rúa Ernestina Otero, polo que as paradas da liña trasladáronse á estrada nacional. Os pasaxeiros poden facer uso das paradas alternativas en Santa Mariña (ao lado do semáforo) e á altura da ponte peonil (xunto o antigo cuartel da Garda Civil).
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará