A Concellería de Participación Cidadá terá aberto ata o vindeiro 12 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para optar ás subvencións destinadas aos colectivos veciñais para a realización de actividades culturais, formativas ou de promoción persoal durante o ano 2012.
As asociacións interesadas en acceder a estas axudas poden solicitar as bases e os modelos de solicitude no departamento de Participación Cidadá do Concello de Redondela, unha solicitude que deben presentar antes do 12 de xuño. Cada asociación poderá solicitar axuda para un máximo de dúas actividades.
A concelleira de participación, Erminda Quelle salienta o interese do seu departamento por continuar colaborando fomentando o asociacionismo veciños e axudando economicamente aos colectivos na realización deste tipo de actividades.