Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A fusión de técnicas chega ao Multiusos da man do Protemeu do Teatro de formas animadas

RR_Noticias

O Festival de Títeres programa na xornada do sábado as obras “Pinocho y medio” de El Retablo (17:00 horas) e “Carmen” de Bambalina teatre (21:00). A agrupación Sofie Krog será a encargada de pechar o certame con dous pases da súa obra The House o domingo ás 17:00 e as 20:00 horas. Hoxe venres a proposta de sala chega co Prometeu da Compañía Teatro de Formas Animadas & Estaleiro

Ademais das actuacións de sala, cun custe de 5 euros por entrada, o público que se achegue esta fin de semana a Redondela poderá gozar de multitude de propostas nas rúas, con representacións na praza da Casa da torre, do Concello, nos Xardíns da Alameda e na Pista da Xunqueira, actuacións puntuais que contarán con acompañamento musical itinerante. Con todo, a cita máis inmediata é a que nos deixa a xornada de hoxe venres a compañía protuguesa Teatro de Formas animadas, que nos propoñen unha reinterpretación do mito grego de Prometeu. Unha proposta sorprendente na que fusionan o teatro de sombras con técnicas modernas máis propias do cine. Unha obra para todos os públicos que se poderá ver en dous pases, ás 21:00 e as 23:00 horas.    

Marcelo Lafontana titiriteiro
Unha proposta innovadora
Para todos os públicos
Grandes e cativos gozarán con este Prometeu

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará