O equipo de fútbol sala da Policía Local de Redondela ven de lograr o subcampionato na 2ª división da Liga de Organismos oficiais, un segundo posto que lle permite ao equipo o ascenso directo a primeira división.
Os xogadores de Redondela lograron quedar a tan só un punto do primeiro clasificado, o equipo dos Bombeiros de Vigo e dous puntos por riba dos seus inmediatos seguidores, o equipo formado por axentes da Policía nacional. Os redondeláns acabaron o campionato como máximos goleadores e como os segundos menos goleados. Nesta categoría militan entre outros equipos da Garda Civil, Policía Nacional, Vixilancia Aduaneira, Instituto Social da Mariña, Concello de Vigo, Bombeiros e Universidade de Vigo.