O mércores celébrase na biblioteca do Piñeiral un obradoiro orientado a nenos de 2 a 10 anos de idade baixo o título “Rimos e xogamos a cachón”. O venres día 1 de xuño haberá un contacontos a cargo do grupo Polo Correo do vento ás 19:30 horas, orientado tamén aos máis pequenos da famlia.
O día 30 de maio o grupo Lambonadas de Cores formado por alumnos do IES de Chapela ofrecen na biblioteca da parroquia o obradoiro “Rimos e xogamos a cachón”. Xogos para nenos de idades comprendidas entre os 2 e os 10 anos que comezarán ás 18:00 da tarde no Multiusos do Piñeiral. O venres día 1 ás 19:30 horas e dentro do proxecto Letras Vivas, a biblioteca organiza o contacontos “Carola, a carteira centola” a cargo do grupo Polo Correo do Vento. Actividades todas elas que teñen por obxectivo promover a lectura nas idades máis temperás, motivo polo que xa con tan so dous aniños os cativos poden participar destas iniciativas que pon en marcha a Biblioteca de Chapela.