Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As análises que manexan Xunta e Concello certifican a calidade da auga en Arealonga

RR_Noticias

Así o confirmou o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros, quen asegura que todas as análises feitas durante o pasado 2011, dende xuño a setembro, acreditaron a “aceptable calidade da auga” no areal de Chapela. Do mesmo xeito, as análises certifican tamén a calidade na praia de Cesantes.

Álvarez Balleteros entende que o informe da Axencia Europea de Medio Ambiente, dado a coñecer días atrás e no que se suspendía a calidade da auga na praia de Chapela responde a que o organismo internacional elevou o nivel de esixencia que viñan manexando nos últimos anos. O edil de Medio Ambiente quere deixar claro que non hai ningún tipo de risco para os bañistas que se acheguen a Arealonga porque todas as análises realizadas durante o pasado ano pola Xunta de Galicia e que se repiten cada 15 días durante o período de verán que vai de xuño a setembro, confirmaron que a calidade da auga neses areal “era aceptable”. Á espera de que se retomen as medicións no vindeiro mes, Miguel Álvarez apunta tamén que na praia de Cesantes os resultados das análises que miden a calidade da auga foi do mesmo xeito positivo. Xornada de limpeza Dende o seu departamento en colaboración coa Asociación de Veciños de Chapela organizaron onte unha xornada de limpeza do río Fondón na que participaron 10 voluntarios quen recolleron seis sacos de lixo, principalmente plásticos, entre o tramo que vai entre a Senda da Auga e o Camiño do Poste. O concelleiro fai un chamamento aos veciños para que usen os colectores para tirar o seu lixo e lembra que a empresa Urbaser recolle de xeito gratuíto mobles e outros tipo de aparellos de gran tamaño previa chamada ao número 986 405 166  

MIguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
Asegura que todas as medicións feitas en Arealonga no 2011 foron positivas
Calidade da auga en Cesantes
Os resultados son tamén bos neste areal
Xornada de limpeza en Chapela
Os voluntarios percorreron o río Fondón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará