Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novo grupo de mulleres entra a formar parte da cuarta edición do Programa Clara

RR_Noticias

O obxectivo do programa, posto en marcha entre a Concellería de Servizos Sociais e o Instituto da Muller, é incrementar o emprego das mulleres que se atopan en situación de risco de exclusión social no concello. Búscase que a través do desenvolvemento de habilidades se convertan en axentes activas tanto na súa incorporación ao mercado laboral como na adquisición de capacidades que lle permitan mellorar as súas condicións laborais.

Esta edición é a cuarta no Concello de Redondela dende o seu comezo no ano 2008, e debido ao número de mulleres candidatas que se anotaron desta ocasión, foi preciso organizar tres grupos de traballo. Os dous primeiros comezaron a traballar a finais do 2011 e actualmente atópanse na fase de formación ocupacional tras o traballo de motivación e asesoramento, de itinerarios personalizados de capacidades e habilidades persoais, de técnicas de busca de emprego e do desenvolvemento de cursos de formación como informática e competencias laborais. Dende a coordinación do Programa detectouse, nas mulleres participantes que se produciu un cambio na actitude ante o proceso de busca de emprego, xa que as participantes utilizan novas ferramentas como o correo electrónico, a actualización do currículo, o rexistro do currículum vitae en portais de busca de emprego. Ademais, contan con recursos para estar ao día nas novidades que se produzan no mercado laboral e continuar pola súa conta o proceso de busca activa de emprego que iniciaron no Programa, co apoio do grupo de profesionais do Centro de Información ás Mulleres e dos Servizos Sociais.
O obxectivo deste terceiro grupo, cunha media de idade arredor dos 40 anos, é seguir a mesma liña de traballo xa iniciada co fin de lograr resultados semellantes e conseguir a integración socio-laboral das mulleres.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará