No último día para se presentar a este proceso de selección de persoal, espérase novamente unha gran afluencia de candidatos nos servizos municipais, do mesmo xeito que xa aconteceu na xornada de onte. A convocatoria feita polo Concello busca a contratación dun capataz e 14 peóns para a prestación do servizo de limpeza dos espazos públicos nas praias de Redondela.
A duración do contrato para o capataz será de 4 meses e medio, 20 horas semanais, de luns a domingos, cunhas retribucións brutas mensuais de 814,78 euros, mentres que a duración do contrato para os peóns será de 4 meses e medio, 20 horas semanais de luns a domingo, cunhas retribucións brutas mensuais de 685,47 euros.
Malia a curta duración do contrato e o axustado do salario a percibir son moitos os que nesta situación de dificultades económicas e de escaseza en ofertas laborais, os que intentan logran unha das prazas, o que fixo que onte se viran longas colas á entrada da Casa Consistorial, onde os candidatos deben presentar as súas solicitudes.