Redondela e Soutomaior experimentan un lixeiro incremento no número de desempregados inscritos nas listas dos Servizos Públicos de Emprego, con 8 e 7 persoas máis respectivamente, o que sitúa o número de desempregados en Redondela en 3.008 persoas e en Soutomaior en 952. Un lixeiro incremento que se compensa co bo comportamento experimentado nos outros dous concellos que conforman a comarca.
Así en Fornelos unha persoa deuse de baixa nas listas do INEM no mes de maio situándose a cifra total de desempregados en 257. O mellor comportamento atopámolo en Pazos de Borbén cunha diminución de 22 persoas inscritas, o que sitúa o total en 452.
En toda a comarca finalizado o mes de maio eran 4.669 persoa sas que se atopaban en situación de busca de emprego, 544 persoas máis que nas mesmas datas do ano pasado.