Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O contaminante que provocou a mortandade de peixes no Alvedosa coñecerase nun par de días

RR_Noticias

Unha farmacia de Redondela é a encargada de analizar as mostras de auga que foron recollidas na canle do Alvedosa na tarde do venres, pouco despois de que apareceran mortos centos de peixes no tramo urbano do río. Uns animais que non puideron ser retirados ata o sábado, xornada na que tamén se desprazaron ao centro da vila técnicos do Seprona para realizar a súa propia investigación.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros espera contar co resultado das análises no prazo de dous ou tres días, unhas análises que permitirán establecer cal foi o produto contaminante que provocou a elevada mortalidade de peixes no río que o pasado venres causaba a alarma entre os veciños do concello. Polo de agora e á espera de que se coñezan ditos resultados, o edil non se atreve a aventurar ningunha hipótese e o único que se sabe é que “na parte baixa do río había unha gran cantidade de orgánico e falta de osíxeno” pero se descoñece cal puido ser o produto que desencadease esa situación. Apuntaba o edil que malia ter percorrido toda a canle río arriba non se detectou ningunha vertedura sospeitosa e o feito de que a marea estivese baixando tamén fai desbotar que a contaminación puidese proceder da desembocadura do río. Álvarez Ballesteros confía en que cos resultados na man e en colaboración co Seprona “se poida atopar ao responsable desta desfeita”. Uns vertidos que de xeito periódico se veñen detectando nos ríos da vila, aínda que había tempo que non tiveran consecuencias tan visibles. Dende o Concello negan que os causantes teñan sensación de impunidade “xa que cando se descobren, os culpables son sancionados”  

MIguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
Os resultados coñeceranse esta semana
Sen sospeitosos
Descoñécese o culpable e o produto que contaminou o río
Sancións
Asegura que as sancións estnase a aplicar pero que malia ttodo os vertidos seguen a se producir

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará