A cita terá lugar o mércores día 13 de xuño, ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira
Na asamblea someterase a debate o documento presentado na primeira asamblea e no que se recollen os principios políticos da formación. Desde o NPC- Redondela convidan a todos os veciños a participar nun proxecto que se define como “asembleario, nacionalista e de esquerdas”.
Na asemblea de hoxe abordaranse ademais aspectos organizativos, tales como os modelos de participación, os procesos de decisión ou a estrutura organizativa a adoptar.
Tamén se dará conta da reunión interasemblearia celebrada en Teo o pasado día 2 de xuño, á cal asistiron representantes de máis de 40 asembleas locais e comarcais de toda Galicia e na que, entre outros aspectos, abordouse a necesidade de crear unha coordinadora nacional.