O prazo de solicitude está aberto ata o venres día 15 de xuño e dende a Concellería ínstana a todas as asociacións ou veciños a nivel particular que teñan previsto organizar algunha fogueira en San Xoán a solicitar o permiso correspondente. Lembran que as fogueiras deberán respectar unha serie de medidas de seguridade par garantir o seu desenvolvemento.
O obxecto de presentar as instancias con antelación responde á necesidade de facer as comprobacións e corrección necesarias para que as fogueiras se poidan desenvolver con todas as medidas de seguridades esixidas. Entre estas medidas destacan que se debe de manter unha separación entre as fogueiras e os edificios e as árbores que debe de ser como mínimo de doce metros. O edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros lembra que está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, aceites e calquera outras substancia contaminante que poida desprender fume.