Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas: “Estamos satisfeitos porque logramos unha maior proximidade cos veciños”

RR_Noticias

O alcalde de Redondela leva xa 365 días ao fronte do goberno, un ano que segundo recoñece tivo “momentos complicados” e tamén de “intensas negociacións” tanto cos grupos que conforman a oposición como co resto de administracións. Entre os logros da súa xestión subliña a reforma do pavillón de Chapela, do Viaduto Madrid ou da lonxa de Cesantes. Como contas pendentes apunta a elaboración do PXOM, a apertura da piscina de Chapela e o servizo de emerxencias.

Entre os momentos máis intensos fai referencia o rexedor local a súa investidura como alcalde ou a negociación política que precedeu á aprobación do orzamento municipal, imprescindible para poder gobernar nunha situación económica marcada pola austeridade. Unhas negociacións que forman parte da natureza dos gobernos en minoría que neste caso ten en fronte unha oposición formada por PSOE, BNG e AER, tres formacións que ao seu entender están a comportarse de xeito ben diferente. Así non dubida en aplaudir o comportamento de AER “unha agrupación que está a facer un traballo moi bo en clave Redondela” mentres que os outros dous grupos non sempre poñen por diante, ao seu entender, o interese de Redondela fronte a intereses partidistas. Entre os logros deste ano de goberno Bas destaca a “boa sintonía co resto das administración tanto a nivel provincial, coa Xunta ou co goberno central”, un entendemento que fixo posible concretar obras como a reforma do pavillón de Chapela, a remodelación do complexo deportivo de Santa Mariña, a construcción dunha nova lonxa en Cesantes ou a reforma do Viaduto Madrid “comprometida pola propia ministra de Fomento, Ana Pastor”. En cando aos compromisos pendente fala de tres asuntos salientables “cuxa resolución podería producirse a curto prazo”: a elaboración do Plan Xeral, a apertura da piscina de Chapela e a creación dun servicio de emerxencias. Pero máis alá de proxecto e obras concretas destaca Javier Bas a “proximidade lograda cos veciños que permite coñecer de primeira man as súas demandas e dar unha resposta positiva as súas necesidades”.  

Relación coa oposición
Entende que hai grupos que traballan en clave Redondela mentres outros o fan máis en clave política
Javier Bas alcalde
Salienta enre os logros do seu goberno a reforma do pavillón de Chapela do Viaduto Madrid ou da lonxa de Cesantes
Contas pendentes
Entre os asusntos pendentes fala da elaboración do PXOM a apertura da piscina de Chapela e o servizo de emerxencias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará