Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello negocia a construción dun polideportivo multiusos na parcela de A Marisma

RR_Noticias

A parcela de 9.900 metros cadrados na que estaba prevista a construción do novo auditorio de Redondela será empregada finalmente para albergar un polideportivo multiusos. Así o confirmou o alcalde Javier Bas, quen asegura que se están realizando as xestións oportunas para que as obras comecen o vindeiro ano e sexan xa unha realidade no 2014. A infraestrutura serviría para albergar citas deportivas, concertos e outro tipo de eventos.

O que fora o proxecto estrela do ex alcalde Xaime Rei, a construción dun auditorio con capacidade para 720 persoas nun solar de 9.900 metros cadrados na zona de A marisma é xa historia. O anterior goberno non foi quen, logo de enfrontarse a diferentes problemas burocráticos, de levar adiante esta obra cuxo custe estaba estimado en 7’2 millóns de euros. A parcela converteuse co paso do tempo nun lugar cheo de maleza que servía de asentamento a varias familias xitanas que foron desaloxadas meses atrás. Dende hai meses o goberno que preside Javier Bas decidiu darlle uso ao solar converténdoo de xeito provisional nun aparcamento con capacidade para 350 vehículos. Con todo, o propio alcalde xa adiantou na Radio Municipal que o seu obxectivo é contruír no lugar un polideportivo multiusos. Esta obra, que podería comezar a construír no ano 2013 dentro do plan marisma mais, significaría dar resposta ás demandas de diferentes entidades deportivas, que a día de hoxe teñen que compartir o pavillón cos conseguintes problemas de horarios e espazo, pero tamén dotar a Redondela dun edificio multiusos onde se poderían desenvolver feiras e outro tipo de eventos. Bas entende que a ubicación da parcela, preto de tres instituto e dous colexios, ademais de diferentes instalación deportivas, e o mais axeitado para este tipo de infraestruturas. Agora haberá que ver si se resolven os problemas coa Dirección Xeral de Costas e o feito de tratarse dun terreo público marítimo-terrestre non impide que o proxecto quede en suspenso.  

Javier Bas alcalde
Adianta o proxecto do polideportivo multiusos
Usos do polideportivo
Un lugar para eventos deportivos e outro tipo de actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará